A Morada das Mimosas

Vivenda de Uso Turístico

Rúa Pena Corneira, 10, 32005

605 965 156

info@turisteourense.es

Vivenda de Uso Turístico de 2 cuartos e capacidade para 5 persoas.

A Morada das Mimosas é un aloxamento completamente reformado que dispón de todas as comodidades necesarias para unha pracenteira estadía na cidade de Ourense.

Esta vivenda de uso turístico conta con 83 m² útiles distribuídos en salón-comedor, cociña independiente, dous cuartos e un baño. Ambos cuartos dispoñen de camas matrimoniais. O salón é amplo e conta con TV de 55 polgadas. A cociña é independente e está completamente equipada con louza e electrodomésticos novos. Pola súa banda, o baño dispón de prato de ducha, o que o fai máis cómodo e accesible. Este aloxamento ofrece WiFi gratuíto durante toda a estadía.

O edificio conta con ascensor. Atópase a poucos metros da zona histórica, moi próximo aos principais monumentos da cidade de Ourense: a Catedral de San Martiño, a Praza Maior, as fontes das Burgas

En A Morada das Mimosas priorizan a seguridade e cumpren con todos os protocolos COVID-19 necesarios para garantir que a estadía sexa completamente segura.

É posible consultar dispoñibilidade e realizar reservas a través desta ligazón.