hotel alda estacion ourense

Alda Estación Ourense

Hotel

San Paio, 6, 32001

988 091 124

estacionourense@aldahotels.com

https://estacionourense.com/

Hotel de recente construción na contorna da estación de tren de Ourense.

O hotel Alda Estación Ourense é un establecemento de moderna construcción cun deseño moderno e actual no que se prestou atención a cada detalle. O aloxamento está situado nun edificio eco-responsable que emprega as novas tecnoloxías  para garantir o máximo confort dos hóspedes e, ao tempo,  minimizar o seu impacto ambiental.

Este hotel dispón de 26 habitacións en diferentes categorías, incluíndo cuartos adaptados para persoas con mobilidade reducida. Todas as habitacións están equipadas con aire acondicionado, televisor e internet WiFi.  O establecemento serve todos os días  un  almorzo buffet e conta con servizo de lavandaría.

O hotel Alda Estación Ourense destaca pola súa localización, na contorna da estación de tren, con excelentes conexións co resto de Galicia e España. Está tamén  próximo ás zonas termais do Miño.

A súa páxina web admite reservas online.