
Casa Núñez
Apartamento para 4 persoas con terraza no centro da cidade, a só un paso do Casco Histórico.
A vivenda de alugueiro turístico Casa Núñez está situada no centro de Ourense, a escasos minutos da zona monumental. Pola súa localización, é ideal para desprazarse pola cidade a pé.
Este apartamento de alugueiro turístico ten capacidade para catro persoas. Dispón de dúas habitacións dobres: unha con cama dobre e outra con dúas individuais. Conta tamén cunha completa cociña equipada, comedor, baño e un amplo salón con terraza.
Desde aquí pódese acceder comodamente ao complexo arqueolóxico termal das Burgas e gozar dun relaxante baño na súa piscina. A vivenda é tamén un enclave perfecto para pasear pola Praza Maior, visitar a Catedral ou ir de compras polas principais rúas comerciais de Ourense.
Rexistro REAT: VUT – OR – 000240