Paseo del Barbaña
Vivenda de Uso Turístico
Rúa Carmen Legísima, 5,
Apartamento con capacidade para 4 persoas nas beiras do Barbaña, a cinco minutos do Centro Histórico.
O apartamento de alugueiro turístico Paseo do Barbaña atópase nas beiras deste río que atravesa Ourense, nunha contorna de zonas verdes, parques, paseos e áreas de xogo infantil. Trátase dunha preciosa vivenda de dúas habitacións e con capacidade para 4 persoas. Está moi próximo a supermercados, restaurantes e outros servizos.
O apartamento, con dúas habitacións, baño completo, cociña e salón, está decorado de forma coqueta e acolledora. Conta con xogos para nenos e adultos.
Pola súa localización, o apartamento Paseo do Barbaña atópase a cinco minutos a pé da zona monumental, coas Burgas e a Praza Maior a só un paseo. Desde a Praza Maior os hóspedes poden tomar o tren turístico para dirixirse ás zonas termais do río Miño.