Vivenda Caseiro
Luminoso apartamento con 2 habitacións en pleno centro de Ourense
Esta vivenda de alugueiro turístico atópase en pleno centro de Ourense, desde onde é posible pasear comodamente ata os principais puntos turísticos: a zona monumental, as rúas dos Viños, a Catedral…pola súa localización tamén se atopa preto das principais rúas comerciais e o Campus Universitario.
Trátasase dun apartamento tranquilo e luminoso con capacidade para tres persoas. Dispón de dúas habitacións (1 dobre e 1 individual) ademais de salón, baño completo e cociña totalmente equipada. Todo o apartamento está decorado con mobles de calidade e conta con 3 balcóns que enchen de luz as estancias.
Dispón de WiFi gratuíto.
Rexistro REAT:VUT – OR – 000086