Balcón Santo Domingo
Vivenda de Uso Turístico
Rúa Santo Domino, 18, 32004
Vivenda de Uso Turístico situada en pleno centro histórico. Dispón dun dormitorio e capacidade para 2 persoas.
Este aloxamento sitúase en plena zona monumental, moi preto dos principais atractivos da cidade de Ourense (Catedral, Praza Maior, As Burgas…). De feito, desde o seu balcón pódese gozar da vista da Praza do Ferro, o centro neurálxico da zona de tapeo coñecida coma Os Viños.
O apartamento atópase nun edificio reformado que dispón de ascensor. Trátase dun piso amplo e luminoso, decorado con detalles modernos e totalmente equipado para gozar dunha agradable estadía. É un aloxamento ideal para dúas personas xa que conta cun dormitorio con cama de matrimonio de 1,50 m, un amplo armario para gardar a equipaxe e un precioso balcón sobre unha das rúas peonís más concorridas da cidade.
O salón dispón dun sofá con zona de televisión e unha agradable zona de comedor cunha barra que separa a cociña do salón. A cocina está totalmente equipada con todo o preciso (cafeteira, louza, cubertería, potas, tixolas, etc.). O cuarto de baño é moderno e funcional, con prato de ducha e una zona de lavandería. Ademais dispón de calefacción e existen varios aparcadoiros públicos moi próximos.
Consulta dispoñibilidade e reserva nesta ligazón.
Rexistro REAT: VUT-OR-000930