Burgas Termal Centro Histórico

Vivenda de Uso Turístico

Lamas Carvajal, 6,, 32005

623 336 955

airbnbvrbobooking@gmail.com

Vivenda de Uso Turístico de dous cuartos e capacidade para 5 persoas, situada a poucos metros da Praza Maior.

Aloxamento recentemente remodelado que conta cunha excelente localización, xa que se atopa en plena zona monumental e a un paso do centro da cidade. Os principales monumentos de Ourense sitúanse moi próximos. A só un paso da Praza Maior e a poucos metros de monumentos tan emblemáticos como a catedral, as fontes das Burgas, a zona dos Viños e a principal zona comercial da cidade, a Rúa do Paseo.

Está totalmente equipado e ofrece unha decoración actual na que se coidaron todos os detalles. Dispón de dous cuartos, un con cama de matrimonio e outro con dúas camas. Ademáis dun sofá-cama con capacidade para unha persoa  A cociña está totalmente equipada, dispón de refrixerador, estufa, microondas, tostadora, cafeteira e utensilios de cociña (tixolas, louza, cubertos, copas…). Ademáis ofrece servizo de Internet/WiFi, calefacción e aire acondicionado. Admite mascotas (con custe extra)