Casa de la Marquesa

Vivenda de Uso Turístico

Rúa da Marquesa, 43, 32005

669 046 649

cristina.vacacionalourense@gmail.com

Casa de 4 habitacións, e capacidade para 8 persoas situada nas inmediacións do Hospital Provincial de Ourense

Aloxamento situado nunha zona residencial moi próxima ao Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO), a 15 minutos do centro histórico. Nunha contorna na que pode aparcarse o coche e moverse a pé ou en transporte urbano.

Trátase dunha preciosa casa reformada, decorada cun estilo moderno, que conta con 2 dormitorios dobres e sofá cama no salón, polo que pode acoller até 6 persoas.

O acceso realízase por un patio, un espazo ideal para realizar actividades ao aire libre, ou simplemente gozar da tranquilidade da zona.

No interior, Casa de la Marquesa dispón dun amplo espazo diáfano onde está o salón, o comedor e a cociña americana con barra. A cociña está totalmente equipada con todo o enxoval necesario (vaixela, cubertería, potas, tixolas, etc), así como cafeteira e microondas. Pola súa banda o salón conta con sofá-cama, pantalla de televisión e mesa de comedor.

Os dous dormitorios dispoñen de cama de 1,50 metros. O baño, con ducha, é amplo, moderno e funcional.

A casa está reformada e totalmente equipada para gozar dunha agradable estadía. Trátase dun aloxamento con personalidade propia, nunha casa situada nunha zona residencial, ideal para gozar da tranquilidade e relaxarse con toda a familia

Encostada a esta sitúase a outra parte da casa, tamén con capacidade para 6 persoas, que se pode reservar de maneira conxunta.

Consulta dispoñibilidade e realiza reservas na seguinte ligazón.