Dream Ourense Centro

Vivenda de Uso Turístico

Avenida de Buenos Aires, 18, 32004

639 428 812

nachotoquero@gmail.com

Vivenda para cinco hóspedes nun edificio histórico en pleno centro e cun bonito patio interior.

A vivenda de aluguer turístico Dream Ourense Centro é un aloxamento para cinco persoas nun edificio histórico de recente reforma. A vivenda atópase en pleno centro de Ourense, próxima á Praza das Mercedes, e entre os seus atractivos destaca o seu patio xardín traseiro, un espazo verde ao aire libre no corazón da cidade.

Dream Ourense Centro é unha vivenda de 90 metros cadrados de superficie distribuídos en salón, cociña, dous cuartos de baño completos con ducha e tres habitacións, ademais dunha galería comedor con saída ao patio. Hai dúas habitacións dobres (unha con cama grande, outra con dúas individuais) e unha terceira con cama individual. Conta, ademais, cunha habitación vestidor.

Este aloxamento turístico está equipado con WiFi de alta velocidade, dous televisores de pantalla plana, lavadora e secadora. A cociña está perfectamente equipada con enxoval de cociña, microondas, cafeteira, torradoras e cristalería e cubertería para cinco persoas. Dispón tamén de lavalouzas.

Dream Ourense Centro atópase nun edificio histórico de máis dun século de historia. A rehabilitación mantivo os característicos teitos altos e muros de pedra típicos da época, dándolle un encanto especial. Uns banzos para acceder á porta de entrada e baixar ao patio fan que a vivenda non estea adaptada para persoas con mobilidade reducida.

Normas da casa

    • Non se admiten mascotas.
    • Non se permite celebrar festas ou eventos.
    • Prohibido fumar no interior da vivenda (pode usarse o patio).