El Hogar de Todos

Vivenda de Uso Turístico

Rúa Río Támega 17 - 1°, 32001

667 272 819

ceus2000@hotmail.es

Vivenda de uso turístico que dispón de 3 cuartos e capacidade para 5 persoas.

Vivenda de uso turístico que conta con todo o imprescindible para que a estadíaa en Ourense sexa o máis cómoda posible.

Dispón de tres cuartos, dous dobres e un individual. Todos os cuartos son exteriores e un dos dobres mesmo conta cun agradable balcón. Por outra banda dispón de salón, cuarto de baño e cociña totalmente equipada (incluíndo lavadora e secadora). Desde a cociña pode accederse a unha gran terraza equipada con tumbonas e unha agradable mesa con cadeiras para gozar ao aire libre. O piso dispón ademáis de Wifi e calefacción.

El Hogar de Todos atópase nunha zona moi tranquila, na que existen multitude de servizos: bares, panaderías, supermercados, farmacias, comercio, etc… Dista un kilómetro e medio do centro de Ourense, e está a escasos quince minutos andando tanto da estación de tren e autobuses, como do centro comercial Ponte Vella.
Ofrece un bo acceso para as distintas saídas da cidade, ademais dispón dunha parada de autobús a 50 metros, cunha gran variedade de liñas cunha frecuencia de 15 minutos.