Francisco II

Francisco II

Hotel

Bedoya, 17, 32004

988 242 095

hfranciscoii@gmail.com

www.hotelfrancisco.net

Modernas habitacións e suites con conexión Wi-Fi gratuíta, ximnasio e baño turco.

O hotel Francisco II está situado no centro da cidade de Ourense, a 50 metros do Parque de San Lázaro e dunha das principais rúas comerciais da cidade: o Paseo. Dispón de 55 habitacións totalmente acondicionadas, climatizadas e con WiFi gratuíto.

O hotel conta cunha cafetaría de estilo coidado para atender todas as necesidades dos seus clientes, cunha ampla carta de comidas lixeiras, así coma un restaurante.

O hotel conta con Wi-Fi, ximnasio, baño turco, servizo de perruquería e business center; un espazo privado con servizos de internet, televisión, despacho completo con fax e fotocopiadora, teléfono e minibar.

Con até 4 salóns para convencións, o hotel Francisco II ofrece un servizo de cátering para celebracións, congresos e reunións. Dispón cun equipo de profesionais especializado na organización de ceas, eventos e reunións con coffee-break.

Conta con aparcamento privado con prazas para persoas con mobildiade reducida, motos, e punto de recarga de vehículos eléctricos.