Igrexa de Santa Marta de Velle
Aldea Regoufe, 89, Velle, 32960
A antiga igrexa de Santa Marta de Velle combina varios estilos, aínda que no seu interior conserva algúns elementos de orixe románica, datado no século XIII.
A antiga igrexa de Velle, aínda que de orixe románica, combina moitos elementos góticos, barrocos e mesmo modernos. A ábsida é barroca, mentres que o seu interior conserva elementos puramente románicos como son o arco triunfal e os chapiteis nos que se apoia, con decoración vexetal. Ambos os dous son do século XIII.
A fachada ten un arco de medio punto decorado con altorrelevos e está coroada cunha espadana, utilizada como campanario.
Seguimos as pegadas deste estilo puramente medieval na cidade, nun paseo que comeza na Catedral de San Martiño e continúa explorando o aínda descoñecido rural ourensán.