Luxury Descanso Termal
Apartamento para 3 persoas no corazón do Ourense monumental.
A vivenda de aluguer turístico Luxury Descanso Termal ocupa un fermoso apartamento de luxo en pleno corazón do Ourense monumental, nunha rúa peonil xusto á beira da Praza Maior.
Luxury Descanso Termal é un apartamento totalmente reformado con capacidade para aloxar até 3 persoas. Dispón de calefacción e sistema de detección de fumes e está equipada con todas as comodidades, procurando que os hóspedes se sintan como na casa.
Este aluguer turístico dispón de aparcadoiro privado (rúa do Paseo) segundo dispoñibilidade.
Este é un apartamento libre de fumes e non se admiten fumadores.