Museo da Cornamusa

Doutor Temes S/N - Campus Universitario, 32004

Luns - Venres: 9.30-14.30 h Outros horarios: tel. 606 465 546

988 317 980

https://museointernacionaldecornamusas.com/

Un museo único no seu xénero, custodia unha enorme colección de gaitas de todo o planeta.

É posible que o seu nome non nos diga nada. Pero se aclaramos que se trata dunha das dependencias máis importante da Escola Provincial de Gaitas de Ourense, teremos claro a que instrumento se dedica este museo. Nel exhíbese unha amplísima colección de gaitas e cornamusas procedentes de todo o planeta, incluíndo exemplares únicos e outros que foron reconstruídos por especialistas do propio museo, pois son xa imposibles de atopar no seu lugar de orixe. A través da representación iconográfica da gaita en esculturas, pinturas e fotografías reflexiónase sobre a evolución deste antiquísimo instrumento na historia, un elemento fundamental no labor investigador do museo.

O museo, único no seu xénero e unha das maiores coleccións do mundo, ocupa un dos pavillóns do antigo Hospital Provincial de Ourense, no barrio das Lagoas, hoxe ocupado por parte do Campus Universitario.