O Cuarto de Abastos
Vivenda de Uso de Turístico de 3 cuartos e capacidade para 5 persoas.
O Cuarto de Abastos é un aloxamento situado moi preto da zona monumental de Ourense. A tan só 250 metros da praza municipal de abastos e a 300 metros do recinto termal das Burgas.
Trátase dun piso de 90 m² distribuídos en tres cuartos, un salón-comedor, unha cociña e un cuarto de baño. Dous cuartos contan con cama matrimonial e o outro cunha cama individual. A cociña dispón de galería e está totalmente equipada.
Ofrece todas as comodidades necesarias para unha pracenteira estadia: wifi gratuíto, louza, lavadora, secador de cabelo, ferro de pasar… Tamén dispón de berce e trona.
Esta vivenda atópase nun 4ª andar sen ascensor.
En O Cuarto de Abastos priorizan a seguridade dos seus hóspedes polo que cumpren con todos os protocolos COVID-19 necesarios para garantir que a estadía sexa completamente segura.
Pódese consultar dispoñibilidade e realizar reservas a través desta ligazón.