O Fogar de Cati
Apartamento de 2 dormitorios, totalmente equipado, no centro de Ourense
Esta vivenda de uso turístico atópase nun apartamento para 4 persoas en pleno centro de Ourense. Está composto por dous dormitorios con camas grandes, salón, un baño e cociña totalmente equipada. Ademáis, tamén dispón de berce e unha pequena zona de lectura. Este apartamento ofrece unha equipación completa e presenta unha decoración minimalista.
Situado no centro da cidade, conta con praza de garaxe privada no inmoble.
Pola súa situación ten todos os servizos moi próximos (restaurantes, comercio, transporte público…) e permite acceder camiñando á zona histórica, onde se atopan os principais monumentos da cidade de Ourense, como son a catedral de San Martiño, a Praza Maior ou as fontes das Burgas.
Registro REAT:VUT-OR-000623
Dispón de garaxe privada