Ribeira Sacra
Vivenda de Uso Turístico de 2 habitacións e capacidade para 6 persoas.
Aloxamento que conta cunha excelente localización, xa que está dentro da zona histórica. É un lugar idóneo para gozar de Ourense, porque está moi preto dos principais monumentos da cidade (Catedral, Praza Maior, As Burgas…) e sobre todo, en plena zona de tapeo: Os Viños. Na súa contorna próxima conta con todos os servizos (comercio, supermercados, restaurantes, farmacias…) e aínda que se atopa nunha zona peonil, existen varios aparcadoiros nas inmediacións.
Trátase dun apartamento tipo dúplex decorado con detalles modernos, que está situado nun edificio integramente reformado (sen ascensor). Este aloxamento pode albergar até 6persoas, xa que conta con 2 dormitorios con amplas camas de matrimonio, así como un confortable sofá-cama. As súas amplas xanelas deixan que entre a luz e permiten gozar de vistas á catedral.
Cada dormitorio ten unha cama de matrimonio de 1,50 m con xanelas cara á fachada traseira do edificio, o que garante a tranquilidade para durmir. Un dos dormitorios está no piso superior e ten vistas sobre a zona histórica. No salón atópase un amplo sofá cama. Tamén dispón dunha agradable zona de comedor cunha ampla mesa redonda, que se pode usar para traballar, xa que o apartamento ten unha boa conexión WIFI.
A súa cociña está totalmente equipada con todo o enxoval necesario para gozar da estancia (vaixela, cubertería, potas, tixolas, etc.). Tamén conta con cafeteira e microondas. Dispón de dous cuartos de baño. O do andar de abaixo dispón de prato de ducha con hidromasaxe. E no andar de arriba outro baño completo súper luminoso con velux.
Esta empresa xestiona máis aloxamentos no mesmo edificio, de tal forma que pode ser unha opción interesante para viaxes en grupo.
Consulta dispoñibilidade e realiza reserva nesta ligazón.
Rexistro REAT: VUT-OR-000954