Paz Termal
Vivenda de uso turístico con dous cuartos e capacidade para 4 persoas.
Acolledor aloxamento en pleno corazón da zona histórica de Ourense, moi preto dos monumentos máis emblemáticos da zona histórica, como a catedral de San Martiño, Praza Maior e as fontes de As Burgas.
É un apartamento ideal tanto para familias, como parellas ou viaxes de negocios, xa que a súa céntrica localización permite aos seus hóspedes gozar da cultura, gastronomía, lecer e termalismo ourensán. Ademáis está moi preto da zona comercial, a tan só uns metros da rúa do Paseo, e con todo tipo de servizos próximos (restaurantes, farmacias. comercio…).
Trátase dunha vivenda de uso turístico situada nun bonito edificio histórico, que conta cunha moderna decoración. Este aloxamento está composto de 2 cuartos, ambos con camas de matrimonio e un con baño no cuarto. Dispón de salón-cociña totalmente equipado e 1 cuarto de ducha. Conta con calefacción e aire acondicionado.
Rexistro REAT: VUT-OR-000986D