Pensión Outarelo
Outarelo, pensión de 2 estrelas con 14 cuartos, situada na cidade de Ourense, a 50 metros do Camiño de Santiago.
Hostal Outarelo aberto desde o ano 1975, as súas instalacións foron reformadas completamente no ano 2020 para ofrecer a maior calidade. Conta con 14 cuartos, equipados con calefacción e servizo de internet. Dispón de ascensor e cuartos adaptados para persoas con pouca mobilidade.
Sitúase no barrio do Vinteún, nunha zona tranquila, a 50 metros do Camiño de Santiago. A estación intermodal (tren e autobuses) atópase a 15 minutos a pé e o centro da cidade a pouco máis de 2 km. Ademáis conta cunha parada de autobús a 50 metros que o comunica coa estación, o centro da cidade e a zona monumental.