Piso Avenida de Portugal
Vivenda de Uso Turístico
Avda de Portugal, 177, 32002
Vivenda de Uso Turístico de 2 cuartos e capacidade para 3 persoas.
Aloxamento situado nunha zona residencial a 10 minutos andando da Alameda, moi próximo da zona monumental e o centro da cidade.
Situado nun edificio novo con ascensor. É un piso moi luminoso e soleado, no que as xanelas abren a patios moi tranquilos, garantindo o descanso. Decorado con detalles modernos, está totalmente equipado para gozar dunha agradable estadía.
Este piso é ideal para tres persoas, xa que ten dous cuartos, salón, baño con ducha e cociña con mesa de comedor.
O dormitorio principal conta cunha cama de matrimonio cun colchón de 150×190 m e un amplo armario onde acomodar a equipaxe. O segundo dormitorio dispón dunha cama individual, tamén con armario e cómoda. O cuarto de baño é moderno e funcional, e dispón de prato de ducha. O salón conta cun sofá e ten acceso directo á cociña a través de portas corredoiras. Pola súa banda a cociña, independente, está totalmente equipada: ten forno, microondas, cafeteira, vitro de catro fornos e todo o preciso (louza, cubertería, potas, tixolas, etc), ademais dunha mesa de comedor que tamén pode servir para traballar.
Consulta dispoñibilidade e realiza reservas na seguinte ligazón.