Piso con vistas al Puente del Milenio
Vivenda de Uso Turístico
Velázquez, 35 - 3ºD, 32005
Aloxamento de 2 cuartos con capacidade para 4 persoas
Piso de dous cuartos situado nun edificio novo, con ascensor, moi luminoso, soleado e totalmente exterior. O apartamento está decorado con detalles modernos, e está totalmente equipado para poder desfrutar dunha agradable estadía. Ademáis conta con praza de garaxe no mesmo edificio.
Situado nunha zona tranquila, xunto aos novos xulgados, o seu acceso é excelente desde as principais vías de comunicación da cidade (autovía A-52, N-120…). Atópase nunha zona preto de todos os servizos, a tan só 800 metros da estación de trens e autobuses, a un paso da ponte do Milenio, do pavillón dos Remedios, da Ponte Romana e do complexo termal da Chavasqueira.
Este aloxamento é ideal para catro persoas e dispóne de 2 cuartos. Un dormitorio conta cunha cama de matrimonio cun bon colchón de 150 x 190m, un magnífico armario empotrado onde acomodar toda a túa equipaxe e un amplo balcón. O segundo dormitorio dispón de dúas camas individuais e un armario. O baño, con ducha, é moderno e funcional.
O salón conta cun cómodo sofá e unha zona de traballo, xa que o piso ten boa conexión wifi.
A cociña, independiente e con zona de comedor, está totalmente equipada. Ten forno, microondas, cafeteira, vitro de catro fornelos e toda a menaxe necesaria (louza, xogo de cubertos, potas, tixolas, etc). Tamén ten un balcón desde onde se pode admirar a ponte do Milenio.