Piso Xardín do Posío

Vivenda de Uso Turístico

Rúa da Coruña, 1, , 32005

669 046 649

cristina.vacacionalourense@gmail.com

Vivienda de Uso Turístico de 2 dormitorios e capacidade para 4 persoas.

Piso moi luminoso, soleado e totalmente exterior que se orienta cara a uns tranquilos patios.  Está situado no Xardín do Posío, un antigo xardín botánico moi próximo á zona monumental. A menos de 10 minutos andando se atopan lugares tan emblemáticos como As Burgas, a Praza Maior, a Catedral de San Martiño ou a zona dos Viños, onde gozar da nosa gastronomía. Nas inmediacións ten todo tipo de servizos (supermercados, farmacias, restaurantes, bares…) e a tan só 100 metros conta con paradas de autobuses e taxis.

Este apartamento de 2 dormitorios sitúase nun edificio con ascensor. Está decorado con detalles vexetais que evocan o próximo Xardín do Posío, e está totalmente equipado para unha agradable estadía. O apartamento é ideal para familias, e está preparado para catro persoas.

Dispón dun dormitorio con cama de matrimonio cun colchón de 150 x 190 m e un armario empotrado onde acomodar toda a equipaxe. No segundo dormitorio encontranse dúas camas individuais, un armario e un escritorio onde poder traballar. O baño, con ducha, é moderno e funcional. O salón conta cun cómodo e amplo sofá, e unha zona de comedor cunha moderna mesa de cristal, que tamén pode usarse para traballar, xa que o piso ten unha estupenda conexión wifi. A cociña, independiente pero unida ao salón mediante unha preciosa barra de madeira, está totalmente equipada: ten forno, microondas, cafeteira, vitro de catro fornos e todo a menaxe necesaria (louza, xogos de mesa, potas, tixolas, etc).

Consulta dispoñibilidade e realiza reservas na seguinte ligazón.