Solaina das Burgas
Luminoso apartamento para 5 a carón das fontes máis famosas de Ourense.
“Solaina das Burgas” é unha vivenda de aluguer turístico con capacidade para cinco hóspedes xunto ás famosas fontes termais de Ourense. Como o seu nome indica, este aloxamento caracterízase por un balcón común a todas as estancias que achega luminosidade.
A vivenda, decorada cun estilo moderno e coidado, dispón de dúas habitacións (unha dobre e outra individual), ademais dun sofá-cama no seu salón comedor. Ten un baño completo con bañeira e unha cociña totalmente equipada.
A vivenda de uso turístico “Solaina das Burgas” destaca pola súa localización en pleno Centro Histórico, a 300 metros da Praza Maior. A 250 m atópase a Alameda, que dispón de aparcadoiro privado. Aquí tamén se pode visitar o Mercado de Abastos e coñecer máis sobre os produtos que dan fama á gastronomía galega e ourensá.