Monterrei
Vivenda de Uso Turístico situada nos Viños. Dispón de 1 habitación e capacidade para 4 persoas.
Aloxamento que conta cunha excelente localización, xa que está dentro da zona histórica. É un lugar idóneo para gozar de Ourense, porque está moi preto dos principais monumentos da cidade (Catedral, Praza Maior, As Burgas…) e sobre todo, en plena zona de tapeo: Os Viños. Na súa contorna próxima conta con todos os servizos (comercio, supermercados, restaurantes, farmacias…) e aínda que se atopa nunha zona peonil, existen varios aparcadoiros nas inmediacións.
Trátase dun apartamento decorado con detalles modernos, que está situado nun edificio integramente reformado (sen ascensor). Este aloxamento pode albergar até catro persoas, xa que conta cunha ampla cama de matrimonio, así como un confortable sofá-cama. As súas amplas xanelas deixan que entre a luz e permiten gozar de vistas á catedral.
O dormitorio ten unha cama de matrimonio de 1,50 m con xanelas cara á fachada traseira do edificio, o que garante a tranquilidade para durmir. No salón atópase un amplo sofá cama. Tamén dispón dunha agradable zona de comedor cunha ampla mesa redonda, que se pode usar para traballar, xa que o apartamento ten unha boa conexión WIFI.
A súa cociña está totalmente equipada con todo o enxoval necesario para gozar da estancia (vaixela, cubertería, potas, tixolas, etc.). Tamén conta con cafeteira e microondas. Dispón dun moderno e amplo cuarto de baño con ducha de hidromasaxe.
Esta empresa xestiona máis aloxamentos no mesmo edificio, de tal forma que pode ser unha opción interesante para viaxes en grupo.
Consulta dispoñibilidade e realiza reservas nesta ligazón.
Rexistro REAT: VUT-OR-000952