Valdeorras

Vivenda de Uso Turístico

Lepanto, 19, 1º, 32005

669 046 649

cristina.vacacionalourense@gmail.com

Vivenda de uso turístico situada en plena zona monumental, conta cunha habitación e capacidade para 2 persoas.

Aloxamento que conta cunha excelente localización, xa que está dentro da zona histórica. É un lugar idóneo para gozar de Ourense, porque está moi preto dos principais monumentos da cidade (Catedral, Praza Maior, As Burgas…) e sobre todo, en plena zona de tapeo: Os Viños. Na súa contorna próxima conta con todos os servizos (comercio, supermercados, restaurantes, farmacias…) e aínda que se atopa nunha zona peonil, existen varios aparcadoiros nas inmediacións.

Trátase dun apartamento tipo estudio decorado con detalles modernos, que está situado nun edificio integramente reformado (sen ascensor). Este aloxamento está pensado para dúas persoas, xa que o seu dormitorio conta cunha ampla cama de matrimonio. As súas amplas xanelas deixan que entre a luz e permiten gozar de vistas á catedral mentres se almorza ou mesmo mentres se traballa (o estudio ofrece unha boa conexión WIFI).

A súa cociña está totalmente equipada con todo o enxoval necesario para gozar da estancia (vaixela, cubertería, potas, tixolas, etc.). Tamén conta con cafeteira e microondas. Dispón dun moderno e amplo cuarto de baño con ducha de hidromasaxe.

Esta empresa xestiona máis aloxamentos no mesmo edificio, de tal forma que pode ser unha opción interesante para viaxes en grupo.

Consulta dispoñibilidade e realiza reservas nesta ligazón.