Alquiler turístico Casa Merteira

Casa Merteira

Vivenda de Uso Turístico

Eirasvedras, 10, 32001

647 984 051

isaac.lopez2@gmail.com

Casa de dous andares para catro persoas nas beiras do río Miño, próxima ás termas.

A vivenda de aluguer turístico Casa Merteira ocupa unha coqueta casa de dúas plantas na tranquila zona de Eirasvedras, nas beiras do río Miño ao seu paso por Ourense. Trátase dunha construcción totalmente rehabilitada no ano 2016 con capacidade para aloxar até catro persoas.

Casa Merteira distribúese nun salón-cociña, baño e habitación na primeira planta, mentres que no andar superior atópase unha segunda habitación dobre con baño. Dispón en total de dúas habitacións equipadas con todas as comodidades, para o descanso dos seus hóspedes.

O aluguer turístico Casa Merteira goza dunha agradable localización na zona de Eirasvedras, moi próxima aos espazos termais do río Miño. As Termas de Outariz atópanse a uns 15 minutos de suave paseo. O centro de Ourense está a cinco minutos en coche e, ademais, enfronte da casa existe unha parada de autobús urbano.