Arco de San Miguel de Bóveda
Avenida de Zamora, 130,
Un fermoso arco románico no seu día parte dunha igrexa e hoxe "camuflado" na Avenida de Zamora.
Fóra de contexto pero conservando toda a súa beleza, o arco de San Miguel de Bóveda atópase nun edificio particular da Avenida de Zamora, o número 130, e diante del pasan os peregrinos que chegan á cidade pola Vía da Prata xacobea. Trátase dos restos dunha ventá absidal que hoxe forman parte da entrada dun anticuario.
Trátase dun arco de medio de punto adornado con xadrezado e apoiado nuns chapiteis reutilizados, decorados con temas vexetais. Na súa orixe o arco pertencía á antiga igrexa do convento de San Miguel de Bóveda, e tras a Desamortización pasaría a mans privadas. A súa cronoloxía pode situarse no século XIII.
Seguimos as pegadas deste estilo puramente medieval na cidade, nun paseo que comeza na Catedral de San Martiño e continúa explorando o aínda descoñecido rural ourensán.