Aula da Natureza do río Miño

Un espazo pensado para achegar aos seus visitantes dunha forma amena e comprensible os interesantes valores naturais e patrimoniais que atesouran as marxes do río.

Situada na beira do Miño, no lugar de Oira, a Aula da Natureza é un espazo pensado para achegar aos seus visitantes dun xeito ameno e comprensible os interesantes valores naturais e patrimoniais que atesouran as marxes deste río.

Este centro de interpretación, que parece un barco varado, achéganos ao rico ecosistema do río ao tempo que nos axuda a introducirnos nos seus aspectos naturais, culturais e históricos, afondando no respecto e a conservación deste medio natural. Nas súas dúas prantas pode verse unha exposición na que, a través de paneis, explícase como  xorden as augas termais, a importancia da auga como recurso, o funcionamento dos muíños, a adaptaciónm dos animais á vida fluvial, a fauna, o bosque de ribeira, etc. Podemos ver unha maqueta dun muíño de auga, un muíño de acea, e máis outra que representa ao río ao seu paso por Ourense.

A Aula pertence ao departamento municipal de Educación e é común que nela se celebren cursos, obradoiros e outras actividades infantís relacionadas coa educación ambiental.