Casa Peregrina

Rúa Estreita, 10, Seixalbo,

637 015 639

acasaperegrina@gmail.com

Vivenda de uso turístico situada en Seixalbo, a 3'5 km do centro da cidade de Ourense. Dispón dunha habitación e capacidade para 3 persoas

Casiña localizada no núcleo de Seixalbo, un belo conxunto histórico polo que transcurre o Camiño de Santiago.
Situada no centro da poboación, nun entorno tranquilo ao lado da igrexa de San Breixo. Hai un pequeno supermercado a 100 metros, bares, parques e rutas de sendeirismo polas que pasear tranquilamente.

Este aloxamento atópase a 3’5 km da Praza Maior de Ourense. A poucos metros existe unha parada de autobús urbano que o conecta coa zona histórica, o centro de Ourense e a estación intermodal a través das liñas 1, 2, 14 e 33.

A casa ten capacidade para 3 persoas, xa que dispón dun dormitorio, cunha cama de 135 cm, e un salón con sofá-cama. Conta con calefacción e servizo de Internet e WiFi.