Cosmevixía
Vivenda de uso turístico situado no centro histórico. Conta con 2 dormitorios e capacidade para 5 personas.
Cosmevixía está no centro histórico, na rúa Hernán Cortés, entre as prazas de San Cosme e a de Pena Vixía. Sitúase nunha rúa tranquila, a escasos metros dos principais monumentos da cidade: a catedral de San Martiño, os mananciais termais das Burgas e a súa piscina termal, a Praza Maior e o Concello. Tamén atópase a un paso da zona de tapas dos Viños, onde degustar a marabillosa gastronomía da cidade, moi preto do mercado, o auditorio municipal e a Alameda, que dispón de parking privado.
Nos arredores de Cosmevixía conta con varios restaurantes e cafeterías de renome, así como supermercados, farmacias e outros servizos. A zona de comercio está a poucos minutos andando. É ideal para realizar compras ou simplemente pasear e disfrutar pola rúa do Paseo e o Parque de San Lázaro.
A vivenda está situada nun edificio histórico, aínda que totalmente reformado. Dispón de dúas habitacións amplas e moi luminosas, salón, baño, cociña e unha pequena terraza. Ten capacidade para aloxar a 5 adultos, e ademáis conta con berce e cama infantil.
Está equipada con louza e servizo para todos os hóspedes, cafeteira de cápsulas, lavadora, toallas e sabas (debidamente hixienizadas), albornoces, secador, ferro de roupa, perchas, calefacción, TV e wifi gratuito.
Cosmevixía é un aloxamento “pet friendly”.