Barceló Ourense
Hotel
Rúa Curros Enríquez, 1, 32003
Habitacións con vistas nun dos edificios máis altos da cidade.
Situado no emblemático edificio de A Torre, en pleno centro de Ourense, o recentemente estreado Hotel Barceló Ourense (apertura xuño 2018) preside o tamén céntrico Parque de San Lázaro. O hotel conta con 90 habitacións, todas cómodas, espaciosas e de coidado deseño. Os cuartos están dotadas de aire acondicionado, televisión vía satélite e Wi-Fi gratuíto. Tamén existen habitacións adaptadas para personas con mobilidade reducida.
O hotel, de catro estrelas, dispón dun servizo especial para profesionais e para a organización de reunións de traballo e congresos,ç. Conta con ata 5 salóns con capacidade para 120 prazas e dotados de todo tipo de equipamiento audiovisuais. As instalacións inclúen un restaurante buffet no que gozar do fabuloso almorzo B-Likeat e un lobby-bar cafetería, ademais de servizo de habitacións e lavandaría.
O Hotel Barceló Ourense atópase en pleno centro, a escasos metros do inicio da rúa do Paseo, a principal arteria comercial. A súa situación facilita o desprazamento dos seus clientes polos principais puntos turísticos e de lecer da cidade.
Transportes
Zona de tráfico rodado
Aparcadoiro privado: 15 € día
Parada de autobús: Parque de San Lázaro