Piso con Patio

Vivenda de Uso Turístico

Rúa Cándido Fernández Mazas, 5, 32002

669 046 649

cristina.vacacionalourense@gmail.com

Vivenda de uso turístico de 2 cuartos e capacidade para 4 persoas.

Aloxamento situado nunha zona residencial a 15 minutos andando do casco histórico e do centro da cidade. É unha zona tranquila que dispón de varias rúas para aparcar.

Trátase dun piso totalmente exterior, situado nun edificio novo con ascensor, moi luminoso e soleado. A comunidade tamén é moi tranquila, polo que non hai problemas de ruídos.

O apartamento está decorado con detalles modernos e está totalmente equipado para gozar dunha agradable estadía. Pode aloxar até 4 persoas e é ideal para familias xa que ten dous cuartos, salón comedor, dous baños e unha cociña totalmente equipada con mesa de comedor.

O dormitorio principal conta cunha cama de matrimonio de 150×190 m, un magnífico armario onde acomodar a equipaxe e un cuarto de baño moderno e funcional, que dispón de bañeira. No segundo dormitorio hai unha cama niño aberta (equiparable a 2 camas individuais), tamén cun magnífico armario. Este dormitorio tamén dispón dunha mesa de traballo cunha cómoda cadeira de escritorio. No corredor hai outro baño cunha ampla ducha. O salón conta cun sofá con chaise-longe e unha butaca. A zona de comedor ten unha ampla mesa redonda con divertidas cadeiras de colores. A cociña, independente, está totalmente equipada: ten forno, microondas, cafeteira, vitro de catro fornos, unha mesa de comedor e todo o preciso (louza, cubertería, potas, tixolas, etc). Desde a cociña pódese saír ao patio, onde se atopa a zona de lavandería e unha zona cuberta cunha mesa e cadeiras. Desde aí sáese ao resto do patio, descuberto e protexido polos edificios colindantes. Un agradable espazo para almorzar en verán ou tomar un pouco o fresco polas noites.

Consulta dispoñibilidade e realiza reservas na seguinte ligazón.