Encoro de Velle
A estrada sobre as comportas do encoro de Velle é un paso habitual do Miño con vistas á cidade.
Aínda que non é propiamente unha ponte, a estrada que atravesa a central hidroeléctrica de Velle e o seu encoro son un punto habitual de cruzamento do Miño, tanto para vehículos como para peóns. A súa construción, en 1963, permitiu conectar os barrios do Veintuno e A Loña.
A pesar de que só é posible cruzalo á luz do día (pertence á central), ofrece boas vistas do salto de Velle, cuxas cinco comportas reciben os envites do Miño e do Sil á entrada da cidade. Aínda que se trata do encoro máis pequeno dos cinco que ten o Miño, o certo é que a proximidade á cidade chama poderosamente a atención, e xa pasou a formar parte da paisaxe urbana. A central, na ladeira esquerda e encostada á presa, é visitable por grupos de escolares, e conta cun pequeno museo ao aire libre con pezas de maquinaria antiga.
300 metros máis arriba construíuse en 1992 a ponte de Velle, que uniría as estradas de Santigo e Monforte de Lemos.
Horario
Contacto