Ourense celebra a súa gastronomía en XANTAR

La feria internacional dedicada al turismo gastronómico se celebra del 5 al 9 de febrero

XANTAR, feira internacional dedicada aoturismo gastronómico, volve a Ourense. O recinto de Expourense transfórmase para acoller saborosas propostas de Españae Portugal, con restaurantes onde poderedes saborear exclusivos menús deseñados para a ocasión a un prezo pechado. Trátase dunha oportunidade única para descubrir destinos gastronómicos cos cinco sentidos.

A feira, que se celebrará do 5 ao 9 de febreiro, inclúe na súa programación showcookings, degustacións de produtos, postos de venta directa e catas así coma actividades formativas para os que queiran mergullarse na cultura gastronómica dos territorios participantes.

Ourense, anfitriona de Xantar, participa nafeira con dous restaurantes con propostas para todos os gustos. Haberá oportunidade de saborear de novo algúns dos mellores pinchos quepasaron polo noso concurso Sabores de Ourense, cun menú desenfadado onde estes bocados acompáñanse, como non, de polvo e viño das DO da provincia. Para os que prefirades xantar ” de mesa e mantel”, no restaurante Ourense, Capital Termal aoparedes un equilibrado menú que aposta polos produtos máis característicos da nosa zona.

CONCURSO COCIÑEIRO E CAMAREIRO DO ANO

Entre as sorpresas de Xantar para esta edición destaca a celebración, o 6 de febreiro, da cuarta semifinal dos prestixiosos concursos Cociñeiro e Camareiro do Ano. Cociñeiros e persoal de sala de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra e La Rioja participarán neste certame gastronómico para disputar un posto na gran final que se celebrará en Alimentaria (Barcelona) no mes de abril.

O certame nacional, dirixido a profesionais das artes culinarias e recoñecido pola súa trasnparencia e calidade, está apadriñado polos chefs Martín Berasategui e Jordi Cruz. Cruz foi o gañador da primeira edición do concurso no ano 2006.

No te pierdas

  • Vivir a experiencia Xantar ao máximo cos diferentes paquetes “todo incluído” que nos propoñen desde a organización: traslados, cea/comida na feira, visitas guiadas, baño termal e moitas outras actividades. Podedes elixir entre o pack Siente Galicia (con aloxamiento) e o Paquete Tren.
  • A viaxe a Cabo Verde que se sorteará entre todas as comidas e ceas realizadas en Xantar. Qué vos parecería facer unha escapada a Ourense, comer ben, gozar da cidade e volver a casa cun novo plan para as próximas vacacións?