Apartamento Ponte Canedo
Apartamento para 6 hóspedes no barrio da Ponte, xunto ao río Miño e moi preto da Ponte Romana de Ourense.
O apartamento Ponte Canedo é unha vivenda para aluguer turístico recentemente renovada e con todas as comodidades no barrio da Ponte. A vivenda conta con tres habitacións, dúas con cama grande (135cm) e unha terceira con dúas camas de 90. En total, ten capacidade para aloxar até seis hóspedes. En canto ao equipamento, o apartamento dispón de calefacción, lavadora, lavalouzas, secador de pelo e ferro de pasar; na cociña unha cafeteira expresso, espremedor e sadwicheira-torradora permiten gozar dun almorzo completo. A vivenda dispón, ademais, de conexión a Internet por fibra óptica.
O aluguer turístico Ponte Canedo dispón ademais dunha ampla praza de garaxe no edificio contiguo, sen custo adicional. É posible gardar con comodidade unha bicicleta na súa terraza-galería cuberta.
Este apartamento recibe o seu nome de cando este barrio era un concello independente, Canedo, fusionado con Ourense en 1943. Pola súa historia, a zona conserva a súa identidade propia e moita personalidade, marcada ademais polo seu vínculo co río Miño, e a Ponte Romana de Ourense, a dous minutos da vivenda. O apartamento atópase nas inmediacións do paseo fluvial, que é posible percorrer polos seus máis de 20 quilómetros de sendeiros peonís e desde onde é posible acceder aos espazos termais do Miño. No barrio da Ponte atópase tamén a Estación Intermodal de tren e autobús, a apenas 5 minutos a pé do apartamento.
Neste apartamento Ponte Canedo de aluguer turístico as mascotas son benvidas.
Rexistro REAT: VUT-OR-000589
Admiten mascotas