Museo do Traxe Tradicional Galego
Estación de Santa Cruz de Arrabaldo. N-120 Salida km 528 (Casardomato), 32990
Acceso con cita previa
Un espazo para mergullarse nesta importante peza do patrimonio etnográfico de Galicia.
O Museo do Traxe Tradicional Galego ten como obxectivo pór en valor esta elemento singular da etnografía en Galicia, exhibindo o amplo material relacionado coa vestimenta tradicional que ao longo dos anos foi recuperando a Escola Provincial de Danza “Castro Floxo”, integrada no Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo da Diputación de Ourense.
A mostra distribúese en dous espazos claramente diferenciados e ilustrada cuns paneis informativos. Ofrece en primeiro lugar unha selección de traxes tradicionais da segunda metade do século XIX e principios do século XX (uns orixinais e outros fieis reproducións). Aquí podense ver vestimentas pertencentes aos diferentes estamentos sociais, desde os ricos traxes de gala ata a humilde indumentaria dos labregos.
Nunha segunda sala realízase unha viaxe polo proceso de elaboración dos tecidos tradicinais: o liño e a la. A través dunha ampla colección de materiais, a exposición repása os diferentes estadíos: a obtención da materia prima, a a súa transformación nunha tea, a preparación do fiado e o traballo no tear.
Estacións Vivas
As salas do Museo do Traxe Tradicional ocupan a antiga estación de tren de Santa Cruz de Arrabaldo, nos arredores de Ourense. O inmoble forma parte do proxecto «Estacións Vivas» promovido polo INORDE, organismo dependente da Deputación de Ourense, para a revalorización de ata sete infraestruturas ferroviarias en desuso. O Museo do Traxe Tradicional Gallego comparte espazo co Museo Estanislao Reverter.
Horario
Acceso con cita previa
Acceso gratuito