Noite de Medo en Ourense

300 actores animarán a zona vella da cidade, desde a tarde ata a madrugada con batucadas, desfiles, concertos, espectáculos de rúa, programación infantil e moitas máis actividades.

Prepárate para pasar medo en Ourense. O 31 de outubro a cidade converterase na capital do Samaín, festa de orixe celta na que o mundo dos mortos se atopa co dos vivos.

Desde as 17 h e até altas horas da madrugada, Ourense encherase de actividades para nenos e adultos que transformarán a zona histórica nunha auténtica “pasaxe do terror”. Ao redor de 300 actores e actrices ambientarán as rúas da cidade con múltiples actividades que incluirán espectáculos, desfiles, música, obradoiros e exposicións. A continuación presentámosche o programa coas actividades máis destacadas:

Programa 31 outubro 2023

17.00-19.00 h • Obradoiro de cabazas | Lugar: Praza Saco e Arce e Praza Manuel Sueiro

17.00-18.50 h • Obradoiro de maquillaxe | Lugar: Praza Saco e Arce e Praza Manuel Sueiro

18.00 h • Animación de rúa: Batucada, O Gran Dragón, Camiñantes Brancos e Zancos | Lugar: Parque San Lázaro – Rúa do Paseo – Praza Maior

19.00 h • Desfile de cabazas | Percorrido: Praza Saco e Arce, rúa Colón e Praza Maior

19.00 h • Animación de rúa: Batucada, O Gran Dragón, Camiñantes Brancos e Zancos | Percorrido: Praza Saco e Arce, rúa Colón e Praza Maior

19.30-20.30 h • Concerto familiar: Uxía Lambona e a Banda Molona | Lugar: Praza Maior

20.30 h • Animación de rúa: Batucada | Lugar: Praza Maior – Cidade Vella (Zona dos Viños)

20.30-21.30 h • Animación de Pablo Méndez “O mundo de Tim Burton” | Percorrido: Parque San Lázaro – Rúa do Paseo – Praza Maior

20.30 h • Animación “Chaioso de medo” | Lugar: Praza Maior e Praza de Santa Eufemia

20.30 h • Ambientación musical: A Gramola | Lugar: Praza Maior

21.15 h • Espectáculo de rúa: “A Lenda” | Percorrido: Parque San Lázaro – Rúa do Paseo – Praza Maior
– Avda. de Pontevedra – O Progreso

22.15-23.30 h • Concerto de Broken Peach | Lugar: Rúa do Progreso

23.45-1.15 h • Concerto de Barón Rojo | Lugar: Rúa do Progreso

00.30-2.15 h • Desfile itinerante “Santa Compaña” | Percorrido: rúa do Paseo e Cidade Vella

1.30-3.30 h • Ambientación musical: A Gramola | Lugar: Praza Maior

Descarga o programa completo nesta ligazón.