Destacados de Outubro

Outubro enche a cidade de Ourense de múltiples actividades culturais: cinema, música, teatro, maxia e moito máis. Aquí presentamos algunhas das propostas máis destacadas.

Exposición “A Nosa Arte”

21 xuño – 21 outubro

A Sala de Exposicións AFundación acolle unha mostra da Colección de Arte do Parlamento de Galicia. Unha trintena de pezas dalgúns dos creadores máis representativos da arte galega. Pódese descargar o folleto dixital da exposición nesta ligazón.

Exposición Ourense, anos 20

26 setembro – 24 outubro

Exposición producida polo Museo Arqueolóxico de Ourense que, a través de fotografías da época, dá a coñecer a realidade sociocultural da nosa provincia nos anos 20. Ademais, cada martes ás 20 h terá lugar unha conferencia especializada sobre esa época. Máis información nesta ligazón.

28º Ourense Film Festival (OUFF)

29 setembro – 08 outubro

A cidade vístese de gala para acoller o seu festival de cinema. Un completo programa de proxeccións que se enriquece con diversas actividades complementarias: rutas temáticas, exposicións, música, encontros literarios… Toda a programación na súa web www.ouff.org.

Festa do Cinema

02-05 outubro

Os cinemas do Centro Comercial Ponte Vella participan nesta iniciativa que permite gozar da sétima arte a un prezo especial (3,50 €). Máis información nesta ligazón.

Festival de Blues

06-07 outubro

Vixésima edición deste evento en torno ao blues e a música americana de raíces, que contará coa presenza de artistas como Susan Santos, Thorbjørn Risager & The Black Tornado, Tui Higgins & Xavier Monge Jazz Project e Jimmy Barnatán & The Cocooners. Máis información nesta ligazón.

Antiq Auria

06-08 outubro

Feira especializada en antigüidades na que participan máis dunha trintena de anticuarios chegados de toda a xeografía española, así como de Suíza, Francia e Portugal. Máis información nesta ligazón.

Circo Rody Aragón

07-15 outubro

Chega a maxia do circo da man de Rody Aragón, acompañado de malabaristas, acróbatas, equilibristas, números aéreos… Un espectáculo para os cativos de hoxe e onte. Máis información neste enlace.

XVI Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO)

13-22 outubro

Unha das citas máis importantes do teatro na cidade. Esta edición presenta, xunto con propostas internacionais, unha forte aposta polos grupos emerxentes e a escena galega. Máis info

Festival Mundial de Ilusionismo – Galicia Ilusiona

15 outubro

Evento que ofrece unha selección dos mellores números do ilusionismo mundial, brindando a posibilidade de ver sobre o mesmo escenario aos máis premiados magos e magas do planeta. Máis información nesta ligazón.

OurFest

21 outubro

O recinto feiral de Expourense acollerá unha das grandes citas musicais do outono. Este festival conta como cabeza de cartel cunha das bandas máis importantes do panorama británico: Suede. Máis información nesta ligazón.

Aniversario Canedo Rock

27-28 outubro

A música será a gran protagonista do XX aniversario do WebZine musicales Canedo Rock, con eventos que se repartirán entre o Liceo e o Café Cultural Auriense. Máis información neste enlace.

E moito máis…

TODO o ano

Non perdas nada do que se pode facer en Ourense. Exposicións, concertos, eventos e outras actividades… Todo na nosa axenda: https://visita.ourense.gal/