Refréscate en Ourense
Opcións para refrescarse este verán en Ourense: piscinas, xogos de auga, termas...
Chega a calor do verán e as piscinas de Ourense abren as súas portas para que poidas gozar dunha refrescante estadía na nosa cidade. As opcións son varias:
Piscinas Municipais de Oira
23 XuÑo – 10 setembrO | De 11h a 21h | GratuÍtas
Enderezo: Paseo da Praia Fluvial s/n. Oira (Ourense). Localización
Piscinas municipais de acceso libre e gratuíto, que contan cun aforo máximo de 1.800 persoas.
Piscinas BeOne Oira
22 XuÑo – 10 setembrO | De 12h a 21h | PreZo: de 3 a 6 €
Enderezo: Padel Oira. Paseo da Praia Fluvial s/n. Oira (Ourense). Localización
Piscinas privadas que forman parte do complexo deportivo Padel Oira. A entrada custa 6 € para adultos e 3 € para menores, xubilados e pensionistas. Máis información no tel. 988 218 600
Piscina Pavillón dos Remedios
19 xuño – 15 setembro | De 11h a 21h | Prezo: 3 €
Enderezo: Avda Pardo de Cela, 2. Localización.
Piscina municipal que se atopa no complexo deportivo dos Remedios, xunto á Ponte Romana. Ademais desta piscina exterior, o pavillón dos Remedios conta con piscinas cubertas de uso deportivo.
Chorros de auga
15 XUÑo – 15 setembrO | De 10h a 21h | GratuÍto
Enderezo: Parque Infantil. Alameda do Cruceiro / Rúa Concello s/n. Localización.
En pleno centro da cidade, atoparás uns divertidos xogos de auga que fan as delicias dos cativos. Durante os meses de xullo e agosto este parque tamén acollerá actividades de dinamización infantil, de luns a venres de 19h a 20h.
Praia da Antena
EspaZo aberto
Enderezo: Paseo das Ninfas s/n. Localización.
Zona de esparcemento á beira do río Miño, moi popular para tomar o sol. Dispón de céspede e duchas para refrescarse. Non conta con vixilancia e o baño pode ser perigoso debido ás características do río.
Máis opcións refrescantes
Ourense dispón doutras opcións para o baño, como poden ser as termas da cidade ou as diferentes instalacións que ofrecen aloxamentos como a piscina do Hotel Exe Auriense (de uso exclusivo de hóspedes) ou a zona de spa do Hotel IMI (aberta ao público xeral).