Destacados de Xuño
Descubre os eventos máis destacados do mes de xuño na cidade de Ourense
Festa do Orgullo
03 XuÑo – 01 XULLO
Múltiples actividades festivas e culturais terán lugar na cidade de Ourense para celebrar o Orgullo 2023 e reivindicar os dereitos do colectivo LGTB+. Consulta o programa completo neste enlace.
Día Internacional dos Arquivos
05-09 xuño
O Arquivo Histórico Provincial celebra o Día Internacional dos Archivos con diversas actividades, que inclúen visitas teatralizas, portas abertas e obradoiros especiais. Máis información e inscripción
Feira do Libro
07-10 xuño
A Rúa do Paseo acollerá esta nova edición da Feira do Libro. Xunto coa venta e exposición de exemplares terá lugar un completo programa de actividades complementarias para nenos e adultos . Consulta o programa completo neste enlace.
Descenso Internacional do Miño en piragua
11 junio
Máis de 300 palistas descenderán o río Miño coas súas piraguas para acadar o embarcadoiro da Batundeira (encoro de Velle, Ourense) tras percorrer 16 km desde Os Peares, ou 7’5 km desde Barra de Miño. Máis información neste enlace.
Rallye de Ourense
16-17 xuño
Este histórico rallye ten, como cada año, a súa base de operacións na cidade de Ourense. Entre os seus 500 km de percorrido pola contorna provincial, tamén contará cun tramo espectáculo polas rúas da capital. Máis información: www.rallyeourense.es
Festas das Lagoas
16-18 xuño
O barrio das Lagoas celebrará as súas festas con barracas, atraccións, música e verbena para todas as idades. Máis información neste enlace.
Festas de Ourense
22-25 XuÑo
A finais deste mes, a cidade lucirá as súas mellores galas para celebrar as suás festas principais. Consulta a programación completa neste enlace.
Salón do Vehículo Clásico
24-25 junio
Evento expositivo e comercial dedicado ao motor clásico e de competición. Reunirá a profesionais, empresas, clubes e aficionados vinculados aos vehículos de época e competición, tanto a nivel nacional como internacional, Máis información: https://salonvehiculoclasico.com
E moito máis…
TODO O ano
Non te perdas nada do que se pode facer en Ourense. Exposicións, concertos, eventos e outras actividades… Todo na nosa axenda: https://visita.ourense.gal/