Plans de Primavera

Achégate a Ourense en primavera e goza da súa completa axenda de actividades especiais.

ICC Week

17-22 abril

A Semana das Industrias Culturais e Creativas presenta unha programación diversa que inclúe, entre outras actividades, o acústico de José María Guzmán (líder de Cadillac), a estrea do videoclip “Agua soy” de Teo Cardalda e Soledad Giménez e as actuacións de Vera Fauna, Amparo Sánchez (líder de Amparanoia) e The Limboos. Máis información: https://ourenseiccweek.com

Festival de Jazz de Primavera

20 abril – 1 XuÑo

O Café Latino acolle unhas das citas máis emblemáticas do panorama musical da cidade, composta por 10 concertos diferentes que ofrecen unha selecta representación da escena nacional e internacional da música jazz e que este ano celebra a súa 25ª edición. Máis información: https://www.cafelatino.es/

Concurso de Pinchos de Primavera

21 abril – 1 maIo

A 7ª edición do concurso de pinchos de primavera permitirá converternos en críticos gastronómicos, gozando das creacións culinarias dos 50 establecementos participantes e gañando estupendos agasallos. Máis información: Concurso de Pinchos de Primavera 2023

MITEU – Mostra Internacional de Teatro

20 abril – 6 maIo

A 28 edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense presentará 20 espectáculos de grupos procedentes de diferentes puntos de España, Colombia, Guinea e Portugal. Os espectadores poderán gozar do teatro en lugares tan dispares como o Café Auriense, os xardíns do Padre Feijoo, o colexio Maristas, o Liceo ou o Teatro Principal. Máis información: www.miteu.es/

Feira de Artesanía e Feira de Antigüidades

1-7 maio

A Asociación de Artesáns de Ourense organiza unha nova edición da Feira de Artesanía onde ademais de poder comprar as creacións destes artesáns, tamén existirán outras actividades complementarias. Máis información: https://adao.es/

Por outro lado, o domingo 7 de maio, como é habitual cada primeiro domingo de mes, a Praza Maior acolle a feira de antigüidades.

Shopping Night Ourense

5 maIo

O venres 5 de maio os comercios da zona centro abrirán ata medianoite, ofrecendo un amplo programa de actividades paralelas: música, danza, desfiles, gastronomía.. Ademáis con cada compra se accederá ao sorteo de agasallos.  Máis información: www.shoppingnightourensecentro.com/

Festival Pórtico do Paraíso

5-14 mayo

Festival de música que destaca tanto polas propostas musicais, como polos escenarios nos que teñen lugar os seus concertos. No caso da cidade poderáse disfrutar das veladas musicais no pazo de Oca-Valladares (Liceo de Ourense) e na enigmática igrexa do colexio Santo Anxo. Máis información: www.porticodoparaiso.com/

Os Maios

7 maIo

O primeiro domingo de cada mes celébranse Os Maios, unha festa declarada de interese turístico que enche as rúas da cidade de color e ledicia, coas súas satíricas coplas e as súas características figuras vexetais que dan a benvida á primavera.

Ouren Sound Fest

26-27 maIo

A localidade de Benposta acolle este festival que agrupa a 13 artistas e ten como cabezas de cartel a Andrés Calamaro, Baiuca e Juancho Marqués. O día 25 haberá unha festa de benvida nos xardíns do Padre Feijoo. Disporá dunha zona de acampada. Máis información: https://ourensoundfest.com/

E moito máis…

A primavera tamén trae outras moitas propostas interesantes como as excursións con motivo das Portas Abertas das Rutas do Viño de Galicia, tours polos tellados da catedral, visitas guiadas, o Día do Libro, as festas do barrio do Couto… e outras moitas actividades que poderás consultar na nosa axenda.