Novas
Ourense en Expocidades 2019
La Muestra de Turismo de ciudades del Eixo Atlántico se celebrará en Braga del 31 de mayo al 2 de junio
Ourense participa un ano máis en EXPOCIDADES, a Mostra de Turismo de Cidades do Eixo Atlántico. Nesta edición, xa a 5ª, a feira trasládase a cidade portuguesa de Braga, un dos destinos turísticos europeos de maior proxección hoxe. A cita será do 31 de maio ao 2 de xuño en pleno centro, na Praça da República.
Expocidades reúne a oferta turística de municipios de Galicia e Norte de Portugal integrados no Eixo Atlántico, entidade de cooperación transfronteiriza sen ánimo de lucro. A feira pon o foco no mercado de proximidade, buscando promover estes destinos ante o seu público final e, ademais, favorecer a relación directa entre axentes turísticos e comercializadores.
Nesta edición Expocidades comparte espazo e crea sinerxías co Vinho Verde Fest, evento festivo e enogastronómico de exaltación deste produto singular. En 2019 a festival reunirá a máis de 40 expositores.
O horario de feira será de 14.00 a 23.00 h os días 31 e 1, e de 10.00 a 18.00 h o día 2. A entrada é libre e de balde.
A inauguración oficial de Expocidades está prevista para o xoves 30 de maio ás 18.30 h, concidindo coa celebración do Foro de Turismo de Fronteira Europeo. O Foro de carácter aberto e gratuíto reunirá a especialistas de toda Euro para afondar, desde diferentes perspectivas e experiencias,neste novo concepto de “turismo transfronteirizo”. Celébrase no marco de dúas accións financiadas con fondos europeos de cooperación: O Proxecto Destino Fronteira, financiado polo POCTEP España-Portugal e o Proxecto EPICAH, financiado por Interreg Europe e liderados ambos polo Eixo Atlántico
- Máis información e inscripcións en www.eixoatlantico.com