Prevención COVID-19: Profesionais

Asesoramento ao sector turístico en materia de seguridade sanitaria

Teléfono gratuÍto 900 815 334

A Xunta de Galicia habilitou unha liña de teléfono gratuíta para resolver as dúbidas do sector turístico relacionadas coa aplicación de medidas de prevención e hixiene, especialmente as derivadas da aplicación dos protocolos hixiénico-sanitarios a disposición da industria.

O teléfono 900 815 334 é gratuíto e está operativo de luns a venres de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h.

Tamén é posible contactar por correo electrónico no correo galiciadestinoseguro@xunta.gal

Manuais hixiénico-sanitarios

Froito da colaboración entre organismos, expertos e entidades profesionais, a Xunta de Galicia editou 11 manuais para distintos axentes do sector coas principais recomendacións e medidas de seguridade hixiénico-sanitarias. Podedes facer clic nos seguintes botóns para visualizalos.

Estes manuais condensan os requisitos obrigatorios establecidos polo Ministerio de Sanidade, así como as recomendacións elaboradas polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo; outros 20 manuais que podedes consultar nesta ligazón.

Coronavirus: información para o sector turístico galego

O Clúster de Turismo de Galicia habilitou un espazo web que recolle información de gran utilidade e, o máis importante, veraz e contrastada. Aquí atoparedes indicacións e documentos prácticos, información sobre axudas e medidas económicas, normativas, modelos de documentos, etc. Tamén contan cun espazo de resolución de dúbidas empresariais de fácil consulta.

Ler máis

Plan de formación do sector turístico de Galicia

O Centro Superior de Hostalaría de Galicia non interrompeu o seu plan de formación ao sector, con actividades online de temática diversa que inclúen manexo de redes sociais, aplicacións tecnolóxicas, mercadotecnia, lexislación, etc. Todas as actividades son completamente gratuítas e están especificamente orientadas a satisfacer as necesidades do sector.

O calendario actual ten aberta a inscrición para actividades ao longo do mes de xuño, e tamén habilitaron unha canle en Youtube onde é posible acceder ás gravacións das formacións e aulas xa impartidas.

Inscrición a cursos Webinarios gravados