
Actualidad COVID-19
Información actualizada sobre a oferta turística de Ourense neste período de desescalada.
Ourense atópase neste momento en fase 3.
Como parte das medidas preventivas adoptadas en Ourense ante o COVID-19, gran parte dos recursos turísticos da cidade (museos, centros expositivos, etc.) permanecerán aínda pechados ao público ou están abertos con restricións de capacidade e horarios. Recomendámosvos encarecidamente que vos informedes por vía teléfonica antes de planificar a vosa visita.
Na Oficina Municipal de Turismo mantemos o noso horario de atención habitual para consultas exclusivamente por vía telefónica ou correo electrónico.
- 988 366 064 – Horario de atención: de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h.
- turismo@ourense.es
- Tamén podedes contactar connosco a través do noso formulario.
ESPAZOS TERMAIS
Termas de Outariz está funcionando cunha capacidade reducida do 30% e seguindo estritamente un protocolo de seguridade e hixiene. Mantén a súa tarifa habitual (5,70 €) e un horario continuado de 09.00 a 23.00 h.
- Imprescindible cita previa 988 364 650
O resto de espazos termais da cidade atópanse, por agora, fóra de servizo. Iremos avisando conforme haxa cambios.
OUTROS RECURSOS
Xa retomaron a súa actividade espazos de referencia en Ourense coma o Centro Cultural Marcos Valcárcel e o Liceo de Ourense, no fermoso pazo dos Oca-Valladares. Nas próximas semanas prevese que reabran as súas portas outros enclaves coma o Museo Municipal ou o Claustro de San Francisco.
Outros recursos xa abertos a visitas son:
- Parque Botánico de Montealegre: de 10.00 a 21.00 h
- Sala Antoloxía de Escultura: martes – sábado de 09.00 a 21.00 h. Domingos de 09.00 a 15.00 h . Pechados luns e festivos.
A Catedral de San Martiño aínda non abriu a visitas turísticas. Podedes porvos en contacto no correo courense@artisplendore.com
Tedes tamén unha listaxe completa de teléfonos de interese á vosa disposición en:
– Servizos ao turista
– Horario de monumentos e lugares de interese
ALOJAMIENTO
A maioría dos aloxamentos hoteleiros da cidades están a funcionar xa con total normalidade. Na sección correspondiente podéis consultar si cuales ya han abierto sus puertas o las fechas próximas.
PROFESIONAIS – INFORMACIÓN DE INTERESE
Recompilamos diferentes informacións que poden servos de utilidade na reapertura e adaptación dos vosos negocios.
Ler máis
Agradecémosvos a vosa comprensión e lembrámosvos que a prevención é cousa de todos.