Prevención COVID-19

Informámosvos das medidas adoptadas para a prevención do contaxio.

ACTUALIZACIÓN:

Por Orden SND/257/2020, do 19 de marzo os establecementos de aloxamento turístico paralizaron a súa actividade e permanecen pechados.
Para dar servicio ás persoas afectadas pola situación (por exemplo, traballadores desprazados de servizos esenciais, colectivos en risco de exclusión…) manteñen a súa actividade 157 establecimientos de Galicia, sempre en estricto cumprimento das recomendacións das autoridades sanitarias.

Na cidade de Ourense manteñen a súa actividade baixo estes requisitos os hoteis Eurostars Auriense e CH Carrís Cardenal Quevedo.

Pódese consultar o listado completo no seguinte enlace: turismo.gal

Importante: Para a xestión de reservas e dúbidas sobrealoxamento, están dispoñibles o teléfono 986447060 e a dirección mice@abramar.com, empresa especializada encargada de dar soporte nestas semanas á demanda aloxativa.

Como parte das medidas preventivas adoptadas en Ourense ante o COVID-19, gran parte dos recursos turísticos da cidade (museos, centros expositivos, etc.) permanecerán pechados ao público ou modificarán horarios, polo que vos recomendamos encarecidamente que vos informedes por vía teléfonica antes de visitalos.

Na Oficina Municipal de Turismo mantemos o noso horario de atención habitual para consultas exclusivamente por vía telefónica ou correo electrónico. Sentímolo, pero nestes momentos non cremos conveniente a atención presencial.

Tamén no marco destas medidas, informamos que os espazos termais de Ourense  permanecerán pechados e fóra de servizo e tampouco haberá servizo de transporte (Tren das Termas).

Esta situación pode variar segundo evolucionen as circunstancias. Reiteramos a nosa recomendación de consultar de forma previa.

CONTACTOS

  • Oficina Municipal de Turismo: 988 366 064 – turismo@ourense.es
  • Termas de Outariz: 988 364 650 – termasoutarizrecepcion@yahoo.es
  • Catedral de Ourense: 608 50 55 31 – courense@artisplendore.com

Tedes tamén unha listaxe completa de teléfonos de interese á vosa disposición en:
Servizos ao turista
Horario de monumentos e lugares de interese

Agradecemos a vosa comprensión e lembrámosvos que a prevención é cousa de todos.