Axenda Marzo – Abril

La programación especial con motivo del 8-M y una nueva edición de la ICC WEEK centran la programación cultural en Ourense para las próximas semanas.

VARIOS – 8-M Día da Muller

1-26 marzo

Ourense volve envorcarse nas celebracións do 8 de marzo, Día da Muller, cun programa que inclúe proxeccións de películas, conferencias, actividades lúdicas e deportivas. O propio día 8, todas as persoas amantes do running están convocadas a participar na carreira popular reivindicativa “Son Libre para Correr”.
Descargar programa

INFANTIL – Dinosaurs Tour

ATÉ O 8 de marzo

Dinosaurs Tour reúne no recinto de Expourense máis de 20 dinosauros animatrónicos a tamaño real, espectaculares figuras animadas que deixarán aos pequenos da casa coa boca aberta. A exposición complétase co documental “Loving Dinosaurs”, que amosa os recentes descubrimentos dos dinosauros, e a zona interactiva, onde os nenos terán a oportunidade de xogar a ser paleontólogos descubrindo réplicas de ósos de dinosauros.
Web Oficial

MÚSICA – Voces Femeninas

6 marzo

Na súa 12ª edición o Festival Voces Femeninas volve encher de talento o escenario do Teatro Principal, cun concerto que, coa ollada posta en Andalucía, reúne a dúas grandes intérpretes: Soleá Morente e Le Parody. Voces Femeninas celébrase de forma anual como parte das actividades do 8 de marzo, Día da Muller.

Mercar entradas

MÚSICA – Festival Pórtico del Paraíso

6-15 marzo

A música culta volve ocupar escenarios que son auténticas xoias do patrimonio artístico de Galicia. O festival internacional recala en 2020 en Ourense con dúas citas para non perder: un concerto de violín na igrexa neogótica do Santo Anxo e outro de guitarra no fermoso pazo renacentista dos Oca Valladares, hoxe Liceo de Ourense.
Web Oficial

TEATRO – Jauría

14 marzo

A compañía Teatro Kamikaze revisita o xuízo da “Manda” nesta peza teatral, gañadora do Premio Cultura contra a Violencia de Xénero outorgado polo Ministerio de Igualdade. A obra, que convida a reflexionar sobre a sociedade e o papel dos individuos nela, poderá verse no Teatro Principal.
Mercar entradas

ICCWEEK 2020 – Semana das Industrias Culturais e Creativas

1-5 abril

A creatividade volve ocupar un lugar central nesta nova edición da ICC, que abordará os ámbitos da publicidade, o deseño gráfico ou a creación musical con nomes como os de Toni Segarra, Óscar Mariné ou Julia Bairo, irmá de John Lennon. A cita inclúe tamén música en directo, destacando o concerto de Juan Perro Sexteto o 4 de abril no Teatro Principal (venda de entradas).
Web Oficial

>

HARMATÁN – Festival Nómade da Cultura Africana

31 marzo- 3 abril

O Teatro Principal é unha das sedes deste festival que se celebra simultaneamente na Coruña, Móstoles e Ourense e pretenden achegarnos á cultura africana. As súas catro xornadas inclúen unha conferencia, un espectáculo de danza, teatro e música de países como Burkina Faso, Senegal e Malí.
Web Oficial