Descubre Ourense no Día Mundial do Guía Turístico

O mércores 21 de febreiro a Asociación Profesional de Guías Turísticos de Galicia organiza visitas guiadas de balde. En Ourense será ás 11.00h e 16.30h con saída na Oficina Municipal de Turismo.

Con gallo da celebración do Día Internacional do Guía Turístico a Asociación de profesionais de Galicia  (APIT) convídanos a participar nunha serie de visitas guiadas polas principais cidades galegas o vindeiro mércores 21 de febrero.  

En Ourense teremos a oportunidade de participar en dúas actividades, organizadas en turno de mañá e tarde:

  • Visita á Zona Monumental de Ourense – Saída ás 11.00 h desde a Oficina Municipal de Turismo.
  • Visita á Catedral Basílica de San Martiño – Saída ás 16.300 h desde a Oficina Municipal de Turismo

Nesta edición, a celebración pon o focona necesidade de traballar por un turismo máis accesible para todos, a prol de la eliminación de barreras, os servizos de calidade e a formación dos profesionais.

Ao rematar as visitas, os participantes poderán facer doazóns que irán destinadas íntegramente a ALCER Ourense, a Asociación para a loita contra as enfermedades renais. Un xesto solidario para participar nun día co que se pretende potenciar e dignificar a labor destes profesionais do sector turístico.

Lembrade que non é preciso facer reserva previa para participar.

Buscade os paraugas amarelos!