O domingo 5 de maio dámoslle a benvida á primavera coa festa de Os Maios: musgo, frores, bo humor e moita imaxinación toman as rúas de Ourense nesta celebración de orixes remotas que canta o esplendor da natureza.
A partir das 11.00 h a rúa do Paseo encheráse de cor con estas esculturas vexetais elaboradas a man, alrededor das cales cántanse as coplas (composicións satíricas de rabiosa actualidade), bailan os cabezudos e soa música tradicional. Unha festa con encanto que este ano estará amenizada polas agrupacións gaiteiras Os Furafoles e os Daniñas. As 19.00 h haberá concerto de Os d’Abaixo.
Os Maios pecha unha semana chea de actividades e propostas: plans perfectos para esa escapada de maio que ben sabes que mereces.
Este é un momento perfecto para escaparse á Capital Termal de Galicia, disfrutar e deXconectar
3 IDEAS PARA ESTA PONTE DE MAIO
Atopa o agasallo perfecto
Sen ideas para o día da nai? O 3 de maio o centro de Ourense celebra a súa Shoppping Night, con promocións e actividades para unha sesión de compras diferente. A oferta complétase estes días coa Feira de Artesanía e, o domingo 5, mercado de antigüidades na Praza Maior.
Toma un respiro. Termalízate!
Tanto nas Termas de Outariz, nas marxes do Miño, como na piscina termal de As Burgas,no corazón do Ourense monumental, aquí atoparás espazos para mimar o corpo e a mente, recargar enerxías e gozar sen presas. Se queres un extra de relax, apúntate ao ioga termal.
Sol, frores e música. Moita música
O día 3 a Praza de Santa Eufemia transfórmase en escenario de jazz da man da banda The Blues Giants. O sábado 4, nos Xardíns Padre Feijoo, será o turno do emblemático grupo A Roda. Ambos concertos son gratuitos e anticipan un maio cheo de música.
Esta primavera o Entroido volve a Ourense
O 4 de maio Ourense ofréche unha oportunidade única para descurir e gozar da variedade e autenticidade dos Entroidos Tradicionaiss de Galicia.
A cita será a partir das 12.30 h na Praza Maior, de onde sairá un espectaculardesfile que circulará polas principais rúas do Centro histórico.