Ioga Termal nas Burgas
Descobre unha experiencia de benestar que combina os beneficios do ioga coas propiedades das augas termais de Ourense.
Cando e onde?
De 11.00 a 12.30 h na piscina termal das Burgas os seguintes sábados:
-
- 16 febreiro – 2 marzo – 16 marzo – 6 abril – 20 abril – 4 maio – 18 maio – 1 xuño
En que consiste?
Trátase de sesións en grupo dunha hora e media de duración nas que se desenvolve o Método Wellness®, unha práctica que combina ioga e termalismo. Consiste na realización e mantemento de exercicios físicos, relaxando e estirando os músculos para eliminar tensión, achegar flexibilidade e acadarque todo o corpo se sinta mellor de forma instantánea, grazas tamén aos beneficios que achegan as augas termais en articulacións, ósos, músculos e pel. Realízanse, ademais, prácticas de respiración que amplían a capacidade pulmonar mellorando a osixenación.
Na última parte desenvólvense técnicas de concentración e relaxación para acougar a actividade mental, combater a tensión, equilibrar o sistema nervioso e crear un espazo de paz interior. Gongs e cuncas tibetanas incorporan ademais os beneficios da musicoterapia, contribuíndo a mellorar o noso benestar.
A participación nestas sesiones é gratuíta e o espazo é limitado.
A quen vai dirixido?
Esta actividade está aberta para todas aquelas persoas que poidan facer uso das termas, previa consulta médica. Os menores deberán ir acompañados dun adulto e ser maiores de 7 anos.
Que preciso?
O habitual para acudir a unha sesión de baño nos espazos termais de Ourense: bañador, toalla, chanclas e ganas de relaxarse e #deXconectar.
Lembrámosvos que o uso das termas é sempre baixo a vosa responsabilidade e que é recomendable que consultedes antes co voso médico de cabeceira.
Tamén vos recomendamos ser puntuais, xa que se trata dunha actividade con espazo limitado.
Unha piscina ao aire libre onde gozar dunha experiencia termal única, rodeada por dous mil anos de historia.