Actividades do Día Mundial do Guía de Turismo
Súmate á celebración do Día do Guía de Turismo con estas visitas gratuítas e descobre Ourense da man de profesionais. #DIGT2019 #ITGD2019
Con gallo da celebración do Día Internacional do Guía Turístico a Asociación de Profesionais de Galicia (APIT) convídanos a participar nunha serie de visitas guiadas polas principais cidades galegas o vindeiro xoves 21 de febreiro.
En Ourense teremos a oportunidade de participar en dúas rutas, organizadas en quenda de mañá e de tarde:
- Visita á Zona Monumental de Ourense – Saída ás 11.00 h desde a Oficina Municipal de Turismo.
- Visita ao Ourense Termal – Saída ás 17.00 h desde a Oficina Municipal de Turismo
Ao rematar as visitas, os participantes poderán facer doazóns que irán destinadas integramente á Asociación Diabética AURIA. Un aceno solidario para participar nun día que pretende potenciar e dignificar o labor destes profesionais do sector turístico.
Lembrade que non é preciso facer reserva previa para participar.
Buscade os paraugas amarelos!